 
   Concello de Rianxo - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN MUNICIPAL
ACTUALIDADE
MARES DA FIN DO MUNDO, VIII Mostra internacional de cinema documental
MARES DA FIN DO MUNDO, VIII Mostra internacional de cinema documental DÍAS: do mércores 10 ao domingo 14 de decembro LUGAR: diferentes espazos do Concello de Rianxo PROGRAMA DA MOSTRA: proximamente Máis información no sitio web da mostra mares da fin do mundo
Territorio Emprende
A Fundación Paideia Galiza pón en marcha unha nova edición de Territorio Emprende, un programa gratuíto de formación e acompañamento que busca promover o emprendemento colectivo e interxeracional no rural. O programa está dirixido a persoas de todas as idades e formacións, o obxectivo é facilitar a creación de proxectos que xeren impacto positivo no territorio, a través de metodoloxías de co-creación, aprendizaxe colaborativa e traballo en rede. ...
Aquí Tou, un monólogo de Xosé A. Touriñán en Rianxo
Teatro, Aquí Tou, un monólogo de Xosé A. Touriñán. DÍA: domingo 07 de decembro HORA: 21.00 h LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo PÚBLICO DESTINATARIO: todos os públicos ENTRADA: 19,44 € . Á venda en ataquilla.com pinchando aquí En Aquí Tou!, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa...
Magosto no Araño
Magosto no Araño. Organizado pola Asociación de Veciños do Araño coa colaboración do Concello de Rianxo DÍA: sábado 08 de novembro HORA: a partir das 16.00 horas LUGAR: Centro Sociocultural da Capela (Araño)
Samaín en Rianxo
Samaín en Rianxo organizado pola Asociación A Moreniña co patrocinio do Concello de Rianxo. DÍAS: venres 31 de outubro e sábado 01 de novembro HORA: a partir das 17.00 horas LUGAR: diferentes lugares de Rianxo
Música, Concerto da agrupación Cinco ondiñas (quinteto de vento)
Música, Concerto da agrupación Cinco ondiñas (quinteto de vento) no VIII Ciclo de Novos Intérpretes organizado pola Escola de Música de Rianxo e o Concello de Rianxo. Cinco ondiñas (quinteto de vento) DÍA: domingo 09 de novembro HORA: 12.30 h LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo ENTRADA: de balde ata completar capacidade do espazo Próximos concertos do ciclo: Euphonia (trío...
Programa Integrado de Emprego 2025-2026
Os Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra reciben unha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración unha subvención por importe de 220.000,00 euros para executar unha nova edición do Programa Integrado de Emprego para o curso 2025-2026. Trátase dun programa que os tres concellos levan a cabo de forma conxunta co obxectivo de lograr unha maior empregabilidade na comarca. Baséase nunha metodoloxía innovadora onde as persoas usuarias son protagonistas da súa propia...
Servizo de Atención Temperá
Este servizo ten como obxectivo promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorna, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión. Os motivos de demanda que atendemos na actualidade responden a seis bloques: - Linguaxe: dificultades vinculadas a trastornos fonolóxicos, trastornos da...
AULAS SOCIOCULTURAIS, listaxe admisións e agarda completa
AULAS SOCIOCULTURAIS, listaxe admisións. Unha vez rematado o prazo de inscrición e de acordo cos criterios de prioridade establecidos para a admisión, pode consultar a listaxe descargando o documento. Debido á solicitude de información relativa á inscrición nas aulas socioculturais, publícase a listaxe de todas as persoas solicitantes, tendo en conta os criterios de selección, que son os seguintes: non ter participado con anterioridade en ningunha aula do programa de aulas...
Contacontos/Obradoiro, Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas a cargo de Polo Correo do Vento
Contacontos/Obradoiro, Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas a cargo de Polo Correo do Vento DÍA: sábado 25 de outubro HORA: 17.00 h LUGAR: centro sociocultural da Capela (Araño) DURACIÓN: 60 minutos PÚBLICO DESTINATARIO: a partir de 3 anos Organizado polo Concello de Rianxo co apoio da Deputación da Coruña. Será unha actividade de contacontos ilustrado na que se mestura a oralidade, ilustración e...
Teatro, Un deus salvaxe por Talía Teatro
Teatro, Un deus salvaxe por Talía Teatro DÍA: sábado 08 de novembro HORA: 20.30 h LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo PÚBLICO DESTINATARIO: adulto DURACIÓN: 70 minutos ENTRADA: de balde ata completar capacidade do espazo. Retirada de convites na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa) Ao abeiro do Programa Rede Cultural da Deputación da...
Teatro, Melón Pelado por Butaca Zero
Teatro, Melón Pelado por Butaca Zero DÍA: venres 07 de novembro HORA: 20.30 h e 21.30 h (dous pases) LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo PÚBLICO DESTINATARIO: adultos DURACIÓN: 30 minutos ENTRADA: de balde ata completar capacidade do espazo. Retirada de convites, para cada un dos pases, na billeteira do auditorio dende as 19.30 horas (máximo 2 por persoa) Ao abeiro do Programa Rede Cultural da...
Teatro, A serie Clopen do Centro Dramático Galego
Teatro, A serie Clopen do Centro Dramático Galego. DÍA: xoves 06 de novembro HORA: 20.30 h LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo DURACIÓN: 90 minutos PÚBLICO DESTINATARIO: todos os públicos ENTRADA: 5 € . Á venda en ataquilla.com O día da función na billeteira...
Serán de Rianxo "Vai de Roda"
Serán de Rianxo "Vai de Roda" DÍA: sábado 25 de outubro HORA: a partir das 19.30 h LUGAR: Campo de Arriba de Rianxo
DANZA, Nove espellos por Óscar Covos Cía de Danza
DANZA, Nove espellos por Óscar Covos Cía de Danza DÍA: venres 24 de outubro HORA: 20.00 h LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo PÚBLICO DESTINATARIO: adultos ENTRADA: de balde ata completar capacidade do espazo. Retirada de convite na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa) Ao abeiro do Programa de concertos do Xacobeo (Axencia de Turismo de Galicia). ...

 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
  



